Other languages: BZH, CAT, CYM, DE, EN, EUS FR, GAL, IT, NL

  1. Doar diñeiro
  2. A Chamada
  3. Participantes
  4. Sobre os produtos hemostáticos
  5. O que é o Batallón Internacional da Liberdade?
  6. Unha continuidade histórica para o Socorro Vermello
  7. Recursos
  8. Facebook


Youtube, Vimeo, VidMe

galirojava.jpg


Para doar diñeiro:
IBAN: CH82 0900 0000 8555 9939 2 – Concepto: «Celox».


Texto da chamada

No corazón do Medio Oriente, as poboacións de Rojava (Curdistán Occidental, baixo control sirio) levantáronse en contra das forzas reaccionarias que oprimían a rexión desde había décadas. Despois de liberaren Rojava do Daesh (Estado Islámico), hoxe por hoxe @s habitantes de Rojava, xunto con moit@s revolucionari@s estranxeir@s que chegaron para @s apoiaren, supoñen un problema para os imperialistas estadounidenses e a OTAN, así como os réximes reaccionarios e fascistas do Medio Oriente, nomeadamente Turquía, Arabia Saudita e Irán, todos os cales interveñen na actualidade quer mediante bombardeos, quer mediante inxerencia, reproducindo os mesmos esquemas que levaron á creación de numeroso grupos islamistas no seu día, tales como o Daesh, Al-Qaeda ou Al-Nosra, monstros creados nun principio polos países capitalistas mais que acabaron por se escaparen ao seu control.
Atentados, bombardeos de civís, detencións en masa de militantes revolucionari@s, ataques incesantes contra as guerrillas populares, presións capitalistas… os inimigos do pobo non son quen de pararen a loita de liberación emprendida polas poboacións de Rojava, do Curdistán enteiro e do conxunto do Medio Oriente, onde as mulleres armadas de Rojava se erixen, en especial, no peor pesadelo dos islamistas.
Tras arrouparse dos seus habituais aliados históricos, nomeadamente os EUA, a OTAN, a UE, a ONU, social-demócratas e réximes reaccionarios, Turquía emprendeu unha ampla campaña de represión nos territorios curdos so control turco, iraquí e sirio co obxectivo último de sufocar as arelas revolucionarias dos pobos asoballados de Rojava.
Apoiemos o Batallón Internacional da Liberdade que reúne combatentes comunistas, anarquistas e antifascistas que acudiron a Rojava movid@s polo do mesmo espírito que as Brigadas Internacionais que participaron na Guerra Civil española. Brindémoslle o noso apoio político e económico para comprar apósitos hemostáticos. 60% das persoas feridas por bala morren de hemorraxia mentres esperan ser atendidas, estes apósitos que cortan rapidamente a hemorraxia valen 40 dólares/unidade.

Apoiemos a loita para a revolución dos pobos de Rojava e do resto do mundo contra os islamistas, os EUA, a OTAN e os estados reaccionarios!

Combattant(e)s du Bataillon International de libération au Rojava

Combattant(e)s du Bataillon International de libération au Rojava


Participantes na campaña

Ver a listaxe completa aquí.

Escríbenos para te unires á campaña!

Todos os gastos da campaña (cartaces, panfletos, sitos web…) corren ao cargo d@s organizador@s. Cada euro recibido destinarase integramente a Rojava.


Sobre os apósitos hemostáticos.

Premier achat de Celox.

Premier achat de Celox.


Notre Celox au Rojava

Notre Celox au Rojava


Notre Celox au Rojava

Notre Celox au Rojava


signal-2017-03-04-124052.jpg

CELOX é un novo produto hemostático de urxencia para cortar rapidamente até hemorraxias potencialmente letais. Fácil de utilizar, moi seguro e extremadamente eficaz, CELOX salva vidas. Ao mesturarse co sangue, CELOX forma un coágulo xelatinoso resistente en menos de 30 segundos e funciona independentemente dos procesos normais de coagulación do organismo. Durante os ensaios clínicos realizados polo corpos dos Marines dos EUA, CELOX foi o único produto que acadou unha taxa de supervivencia de 100%.
A seguridade de CELOX cumpre cos requisitos exixentes estabelecidos no anexo III do marcado CE. Está composto de quitosano que se cataboliza pola encima humana lisocimas, transformándose en glicosamina, un aminoazucre que se acha normalmente presente no organismo.
CELOX está indicado para calquera hemorraxia de moderada a grave, tanto arteriais como venosas, feridas superficiais e profundas, feridas no cranio, na cara e no pescozo.
A introdución de CELOX dentro da ferida corta a perda de sangue grazas á formación dun coágulo xelatinoso ao ligarse CELOX na superficie dos eritrocitos.
As novas versións CELOX Gasa e CELOX Gasa « Z » FOLD combinan a acción dos gránulos hemostáticos e da venda para controlar a perda de sangue que pon a vida do paciente directamente en risco.


O que é o Batallón Internacional da Liberdade?

ifblogo.png

O Batallón Internacional da Liberdade é un batallón independente formado por revolucionari@s de Turquía, Europa e outros países co obxectivo de defenderen a revolución en Rojava ao constituír unha forza independente que loita ao carón das Unidades de Protección Popular (YPG), as Unidades Femininas de Protección (YPJ) e as Forzas Democráticas Sirias (QSD).

Foi fundado o 10 de xuño 2015, impulsado polo MLKP (Partido Comunista Marxista-Leninista en Turquí e no norte do Curdistán), seguindo o modelo das Brigadas Internacionais que defendían a revolución española en 1936. Sumáronse varios grupos revolucionarios, tales como o TKP/ML-TİKKO, o THKP-C/MLSPB, o DKP, o TKEP/L, e ΕΣΔΑ entre outros, así como outr@s comunistas, anarquistas e revolucionari@s independentes integrad@s nas Forzas Unidas de Liberación (BÖG). Estes grupos e individuos proveñen de varias correntes políticas da esquerda revolucionaria: marxistas-leninistas, hoxhaistas, maoístas, anarquistas, trotskistas…

Desde a súa fundación, o Batallón Internacional da Liberdade xa combateu en todas as frontes de Rojava agás Efrîn (Afrin), axudando as forzas curdas a derrotar o Daesh e os outros grupos islamistas activos na rexión.


O Socorro Vermello (Secours Rouge) nesta campaña: unha continuidade histórica

Le SRI dans la guerre d'Espagne: à gauche des volontaires canadiens, à droite un hôpital militaire

Le SRI dans la guerre d’Espagne: à gauche des volontaires canadiens, à droite un hôpital militaire

Do mesmo xeito que o compromiso d@s voluntari@s do Batallón Internacional da Liberdade remite á experiencia das Brigadas Internacionais en España, o firme compromiso do Socorro Vermello Internacional xunto coa sección belga en apoio ao Batallón Internacional segue na mesma liña da axuda que brindou o Socorro Vermello á República española entre 1936-39 ao proporcionarlle axuda económica e material, así como persoal de ambulancias e sanitario para os combatentes antifascistas.


manifestation en solidarité avec les internationalistes espagnols

manifestation en solidarité avec les internationalistes espagnols